O Centro Torrente Ballester acolle oa actuación do cantautor pop Anxo Stanich e o grupo Quant

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Anxo Stanich, o máis flagrante enigma do pop español, subirase pasadomaña xoves, día 12, ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para presentar o seu traballo discográfico Camino Ácido. O concerto comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Ten 25 anos, cabeleira e barba hirsuta e un anormal talento como guionista de sedutoras cancións onde os vaivéns cotiáns deveñen en surrealismo perverso. Stanich é un músico á marxe. Aínda que algúns lle forcen remotos parecidos a artistas nacionais como Quique González ou Albert Pla. Escorredizo, politicamente incorrecto, misterioso, son algúns dos diagnósticos mediáticos que xera por culpa da súa actitude e do seu único traballo, un álbum indie, “Camino Ácido”.

Quant

Por outra banda, a capela do Centro Torrente Ballester tamén acollerá pasadomañá, xoves 12, a actuación de Quant, actualmente convertido nun proxecto unipersoal, case centrado exclusivamente nas gravacións, con esporádicas e escollidas aparicións en directo. Dende o seu estudo de gravación caseiro, están a preparar o que será o terceiro disco, con cancións en inglés, galego e castelán e onde reflexarán case a modo de diario algunhas cousas que sucederon na súa vida nos último tempos, e onde evolucionan no seu son e concepto como grupo.

10 de decembro de 2013 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.