O Centro de Matosinhos acolle unha xornada sobre as posibilidades laborais que ofrecen internet
A aula Cemit do Centro de Formación de Matosinhos acolle a xoves pola mañá unha xornada sobre “Novos perfís profesionais na era dixital”. A sesión celebrarase no Cidade da Cultura de Santiago pero emitirase por videoconferencia polo que poderán seguila dende as instalacións vilagarciáns un total de 30 persoas. A xornada ten como obxectivo dar a coñecer as novas posibilidades laborais que ofrecen as tecnoloxías 2.0 a través de experiencias de emprendedores que xa están en marcha. A participación é de balde e a inscrición debe realizarse a través da web http://cemit.xunta.es/es dándose de alta previamente como usuario do Cemit.
A xornada “Novos perfís profesionais na era dixital” celebrarase o xoves 5 de decembro en horario de mañá de 9:30 a 14:30 horas na aula Cemit do Centro de Matosinhos. A actividae enmárcase nas accións do programa de Voluntariado Dixital: Apoio na procura de emprego que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega.
Tendo en conta que se calcula que os contidos dixitais xerarán ata 305.000 novos empregos nos vindeiros cinco anos, a través desta xornada preténdese mostrar aos asistentes como grazas ao avance da Economía Dixital, existen moitos xóvenes que están a ocupar postos de traballo que se demandan dende fai pouco tempo nas empresas e outros que serán de nova creación. O segundo obxectivo da actividade é presnetarlle aos participantes a persoas xóvenes galegas, que grazas a súa paixón polo mundo das redes, internet e as novas tecnoloxías, son exemplos de emprendemento e coñecemento e traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.
A xornada está especialmente dirixida a voluntarios dixitais, entidades de Acción Social, mozos, desempregados, orientadores laborais e calquera persoa con talento entusiasta de Internet e o 2.0.
Programa:
9:30 Conferencia “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”
11:00 Descanso
11:30 “MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”: 3 exemplos galegos
12:30 “PROGRAMACIÓN”: 3 exemplos galegos
13:30 “DESEÑO VIRTUAL, ARTE E CREATIVIDADE”: 3 exemplos galegos
14:30 Fin da sesión