O Centro Comercial A Laxe de Vigo acolle unha nova edición de “Ofeitoaman”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A feira de artesanía Ofeitoaman, un clásico do Nadal que cumple 29 anos, vaise celebrar a partir do día 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo ca participación de 22 artesáns chegados de toda Galicia, Portugal e Canarias. En Ofeitoaman poderán comprarse pezas de ourivería e acibechería tradicional e contemporánea; marroquinería, zapatería artesanal e productos de coiro de distintos obradoiros; Cerámicas; Tecidos e outros traballos textiles como o feltro, complementos de moda e moitas máis pezas sorprendentes e exclusivas. Os productos dos expositores galegos dispoñen da marca oficial da Artesanía de Galicia que garantiza o seu orixe e producción artesanal. Os visitantes dispoñen dunha hora de aparcamento gratuito no Centro Comercial A Laxe. A feira Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns e forma parte das accións de promoción máis importantes da Artesanía de Galicia, conta co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a entidade que se encarga da promoción e o desenvolvemento do sector e que depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Horario:
De 11 a 14 e de 16:30 a 21 h.
Os días 24 e 31 pechará ás 19 h.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro: pechado

17 de decembro de 2013 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.