O CD Burela Pescados Rubén podería vivir unha noite histórica coa clasificación para a Copa de España Logroño
Vista Alegre prepárase para vivir unha noite especial que pode ser histórica para o CD Burela Pescados Rubén. A clasificación para a Copa de España Logroño 2014 pasa pola Bomboneira e o espírito laranxa de tantas tardes de gloria estará presente, unha vez máis.
O 4 de setembro de 2001 comezou a escribirse a historia laranxa e o 13 de decembro de 2013 pode sumarse a outras datas históricas da entidade mariñá. Entre ambas, 12 intensos anos de encontros e emocións, con alegrías e tristezas, escalando desde o noso pequeno recuncho no noroeste español cara á elite mundial do Fútbol sala. Obxectivo actual. Quen o diría tempo atrás! Clasificación para a Copa de España. Vascho a perder?
Día: venres 13 Hora: 20.30 Rival: Marfil Santa Coloma Escenario: A Bomboneira
O momento da verdade chegou e a escuadra dirixida por Juanlu está disposta e preparada para conquistar a praza con rumbo a Logroño. O técnico burelense conta co seu arsenal ao completo para o duelo crucial ante o Marfil Santa Coloma. Os cataláns preséntanse en Vista Alegre coa súa clasificación copeira selada e co seu estilo de xogo “alegre e dinámico. Posúen un potencial ofensivo importante no que como todo o mundo sabe destaca Dani Salgado” comentou Juanlu que prioriza a “ilusión pola ocasión histórica que se nos presenta” sobre o rival en concreto: “Loxicamente preparamos o encontro coa atención que o rival se merece pero estamos ante unha oportunidade histórica. Dependemos de nós mesmos, xogamos en Vista Alegre e imos a por a vitoria. Queremos facer historia e premiar á afección”.
Respecto da presión do encontro, o adestrador burelense lembrou que “presión é cando estás abaixo xogándoche a permanencia como nos pasaba a tempada anterior. Pasamos momentos difíciles e a afección apoiounos para superalos. Confío plenamente que Vista Alegre lévenos polo aire cara á vitoria”.
O Burela Pescados Rubén clasifícase para a Copa de España si:
– Gana
– Empata e, ou ben Ríos, ou ben Peñíscola, empatan ou perden
– Perde e Ríos e Peñíscola perden
– Perde e Ríos e Peñíscola empatan