O Carballiño doará a unha ONG os emolumentos correspondentes ao pleno extraordinario do vindeiro martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño en representación do grupo de goberno municipal anunciou que é e todo o seu grupo, doarán os emolumentos que lles corresponden pola asistencia ao pleno extraordinario, a unha ONG local. O citado pleno extraordinario foi solicitado polo PSdeG-PSOE, para tratar o futuro da residencia de tempo libre. O alcalde comunicou ao portavoz da citada agrupación municipal a posibilidade de incluír ese punto, o da residencia, dentro do pleno que estaba previsto para este martes, e desa forma evitar a celebración dun pleno extraordinario a maiores do ordinario, e polo tando o pago dos dous plenops aos edís carballiñeses. Ante a negativa do PSdG-PSOE de unificar os dous plenos, o grupo de goberno decidiu que, xa que están obrigados a cobrar os dous plenos, doar o que terían que cobrar polo extraordinario “para os que máis o necesiten”.

5 de decembro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.