O Carballiño conxela a taxa de recollida de lixos no primeiro semestre do ano 2014
O concello do Carballiño conxelará a taxa de recollida de lixos durante o primeiro semestre do ano 2014. O actual grupo de goberno tiña a intención de conxelar esta taxa durante o próximo exercicio, tal como anunciou en varias ocasións o alcalde Argimiro Marnotes, tentando desa forma non aumentar o maior número de taxas municipais posibles. Pero desde Sogama obrigouse aos concellos a ampliar esta taxa nun 12%. Tras unha reunión entre a Xunta de Galicia e a Fegamp acordouse conxelar o canon de Sogama, polo que o concello do Carballiño pode ampararse nesa conxelación para facer o propio neste municipio.
Desta forma os veciños do Carballiño non terán que asumir a subida do 12% nos recibos da recollida de lixos até, polo menos, o mes de xullo de 2014, realizando así en parte o desexo do alcalde de conxelar esta taxa municipal, xa que non debe soportar en canon de Sogama polo tratamento destes residuos.











