O Carballiño abre o prazo para solicitar as licenzas de terrazas nas vías públicas
O concello do Carballiño informa da apertura do prazo para a solicitude e renovación das licenzas para a tempada anual para os establecementos hostaleiros que desexen situar mesas e cadeiras na vía pública. O prazo de presentación de devanditas solicitudes para o 2014 será do 2 de xaneiro ao 20 do mesmo mes.
A tempada anual comprende desde o 1 de febreiro até o 31 de decembro. Os interesados en solicitar estas licenzas deberán acudir ao concello do Carballiño, ao departamento de Servizos Públicos e Información, situado na planta baixa da consistorial; ou no rexistro municipal. Así mesmo poderanse descargar as solicitudes na web do concello ( www.carballino.org) dentro da concellaría de Medio Ambiente e Servizos Públicos.











