O Burela Pescados Rubén remonta no derbi galego ante o Poio Pescamar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Remontada do Burela Pescados Rubén no derbi galego (4-2) ante o Poio Pescamar que logrou sorprender no inicio pero que tivo que renderse á superioridade laranxa. O choque comezou con moita intensidade aínda que con imprecisións e sen dominador claro. Neste escenario as visitantes lograron sacar proveito e situarse cun 0-2, goles de Charo e Ceci, que lonxe de amilanar ás burelesas activou a súa reacción. 

O Burela comezou a xerar ocasións de perigo pero Silvia, porteira visitante, e o travesaño tras un disparo de Lidia impedían recurtar distancias. O dominio local recolleu o seu premio co 1-2 logrado por Lidia, minuto 14, e o asedio incrementouse ata o descanso aínda que sen movementos no marcador. O Poio Pescamar recibiu o descanso con alegría ante as ocasións locais. 

No segundo capítulo, as pontevedresas xa non puideron evitar a remontada laranxa que se materializou con dous goles de Peque para situar o 3-2. O Poio intentou reaccionar pero as mariñanas non cederon e no tramo final Lidia puxo a sentenza definitiva (4-2) desde o dobrepenalti.

Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia-cinco inicial-  Lara, Claudia.

Poio Pescamar: Silvia, Kiko, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Peke, Elena, Yoli,

Goles: 0-1, m.7, Charo; 0-2, m.12, Ceci; 1-2, m.14, Lidia; 2-2, m.26, Peque; 3-2, m.31, Peque; 4-2, m.39, Lidia.

Árbitros: Darriba Villamor, Villanueva Blanco. Galicia. Amosaron cartón amarelo a Maite, minuto 32, no Burela e a Kiko, minuto 39, no Poio.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela correspondente á xornada 12 de Primeira División. 800 espectadores, con numerosa presenza de seareiros do Poio Pescamar. Antes do inicio do encontró Lidia, Peque e Jozi posaron coas medellas de subcampionas (España) e campiona (Brasil) do Torneo Mundial.

28 de decembro de 2013 | 23:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.