publicidade hoxe

O Burela B Pescados Rubén pecha o 2013 visitando a pista do Carballiño FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela B Pescados Rubén pecha o 2013 visitando a pista do Carballiño FS, duelo correspondente á xornada 12 da Terceira División. Os mariñaos ocupan a novena praza con 16 puntos mentres que o Carballiño FS é décimo con 12 puntos.

O duelo preséntase como unha boa ocasión para os pupilos de Iván Cao para distanciar ao seu inmediato perseguidor. A pesar do último revés o conxunto burelés chega con “con confianza para lograr unha vitoria e despedir o 2013 con bo sabor. Sabemos da dificultade do envite xa que o Carballiño é un equipo con xente experimentada e de calidade como Edu, un referente no fútbol sala galego. Por motivos laborais, é un equipo que amosa dúas caras diferentes por iso a súa clasificación non reflicte o seu verdadeiro potencial. Como visitante descende o seu rendemento pero no seu feudo son moi difícil de bater”. En referencia ao seu equipo Iván Cao está “satisfeito pola liña de traballo nos adestramentos pero debemos competir mellor xa que é unha Liga esixente”. Manuel Jiménez é baixa por sanción para o duelo. 

Terceira División

Carballiño FS – CD Burela Pescados Rubén B

Domingo 22 de decembro, 11.30 horas, no pavillón Paco Chao de Carballiño.

Liga Autonómica Infantil

CD Mare Nostrum – ED Burela FS

Domingo 22 de decembro, 18.00 horas, no pavillón municipal de Cambre.

19 de decembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.