publicidade hoxe

O BOP publica a aprobación definitiva da normativa común de préstamo de bicicletas en Ferrol e Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolNarón
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou hoxe a aprobación definitiva do texto íntegro da normativa común do uso do servizo municipal de préstamo de bicicletas nos concellos de Ferrol e Narón. Esta prestación de mobilidade compartida permitirá ofrecer un mellor servizo público aos veciños ferroláns e naroneses e impulsar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

Compre lembrar, que esta nova rede de bicicletas se verá incrementada ata preto de 150 unidades e contará co mesmo sistema electrónico actual o que significa que non haberá cambios de infraestruturas nin de uso. Así mesmo, o importe total do servizo ascenderá a un máximo de 104.000 €, do que Ferrol aportará 66.000 € e Narón investirá 38.000 € o que permitirá un gran aforro ás arcas públicas dos municipios tendo en conta que por separado a cidade ferrolá gastaba 89.000 € e o municipio naronés 50.000 €, aproximadamente.

O servizo conxunto de aluguer e préstamo de bicicletas poderá ser utilizado  a partir dos 14 anos tanto en Ferrol como no termo municipal veciño de Narón. O abono anual de aluguer será de 15€ para adultos e 10€ para os menores de 18 anos. A cidade ferrolá conta con nove estacións de aparcabicicletas, situadas nas seguintes zonas: Caranza, Esteiro, peirao, Serantes, Cantón de Molíns, Inferniño, A Malata e Canido (2).

11 de decembro de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.