publicidade hoxe

O Boiro empata en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesOrdes
A-
A+

Eran as 16:00 cando o colexiado vigués, Rodríguez Barreira, sinalaba o inicio do partido entre a Sociedade Deportiva Ordes e o Club Deportivo Boiro. Era un partido importante para os visitantes pois, tras perder o Cerceda pola mañá ante o Laracha (2-1), os de Gelucho podíanse pór líderes da clasificación e facerse así co campionato de inverno.

Os boiristas foron de menos a máis na primeira metade. Os primeiros minutos serviron de tenteo, pero as Ordes empezou a presionar creando algunhas ocasións de perigo na área que defendía o gardameta visitante Mackay.

 Sería a partir dos primeiros 15 minutos cando a saga de Gelucho empezaría a crear serio perigo aos locais.

A segunda metade foi máis dominada polos visitantes, aínda que as Ordes tamén tivo unhas claras oportunidades que saíron rozando o traveseiro. Mackay tívose que empregar en varias ocasións facendo unha boa actuación durante practicamente todo o encontro.

A xogada de Hugo Soto na primeira metade e a de Iván González na segunda foron as oportunidades máis claras para os de Gelucho, que non foron capaces de facerse coa vitoria a domicilio.

S.D. Ordes: Mario, Cabrejo, Torres, David Rei, Antonio, Mariño, Javi Rei, Rodri, Capelo, Vía e Alex Castro.

C.D. Boiro: Mackay, Paco, Rendo (Iván, min. 60), Cardeñosa, Padín (Bendaña, min. 81), Pedro, Marcos, Jacinto, Hugo, Armental e Anxo (Julián, min. 60).

Árbitro: Rodríguez Barreira, auxiliado por Vázquez e González, do comité arbitral de Vigo.

Campo: Municipal de Ordes, uns 300 espectadores.

22 de decembro de 2013 | 21:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.