publicidade hoxe

O belén do Tilo, un dos máis grandes de Galicia, será inaugurado este venres en Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, inaugurarán este venres, día 6, ás cinco da tarde o tradicional Belén da Asociación Cultural O Tilo, unha entidade que vén colaborando dun xeito especial nestes anos co Concello nas diferentes iniciativas que desenvolve.

Como explicaron os responsables desta asociación, o Nacemento é un dos máis grandes de Galicia, xa que este ano ocupa un espazo de, nada máis e nada menos, que 70 metros cadrados. Nesta superficie están colocadas arredor de 200 figuras de barro lienzado de entre 17 e 21 centímetros (destas, vinte son móviles), que representan diferentes esceas propias do Belén. Ademais, e como sempre, todo o Nacemento está decorado con materiais naturais.

O Belén de O Tilo, instalado no novo local da entidade –esquina da rúa María coa avenida Federico García Expósito-, estará aberto ata o 7 de xaneiro, en horario de cinco a oito da tarde, de luns a sábados, e de once a unha e de cinco a oito, os domingos e xornadas festivas.

Como en anos anteriores, a asociación local ofrece visitas aos centros escolares que o desexen e, a este respecto, unicamente pide que dende os colexios interesados se poñan en contacto para concertar dita visita e abrir, así, pola mañá. Para iso, poñen a disposición dos centros o teléfono 669 404 425.

A entrada ao Belén de O Tilo é, como sempre, de balde.

4 de decembro de 2013 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.