O ballet de “El Cascanueces” chega ao Jofre cun espectáculo para pequenos e adultos
O Tchaikovsky National Ballet of Russia representará este sábado, día 21, o ballet “El cascanueces” no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e forma para da nova programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
A vistosidade da súa escenografía e vestiario, a maxia da súa historia, os seus imaxinativos personaxes e a música universal de Tchaikovsky converteron El cascanueces nun clásico do Nadal, ideal tanto para os máis pequenos como para os adultos. Baixo a forma de conto infantil -os bonecos que cobran vida a noite de Nadal, e que arrincan á nena protagonista a vivir máxicas aventuras-, o ballet é unha fábula de espírito navideño que fala da nostalxia pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos.
O ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky, coa coreografía orixinal de Lev Ivanov e libreto de Marius Petipa, deriva un texto que Alejandro Dumas pai, inspirado á súa vez no famoso conto de E.T.A Hoffmann “El cascanueces y el rey de los ratones”. Con máis de 40 bailarines en escena, esta suntuosa produción del Tchaikovsky National Ballet of Russia captura a esencia, a beleza da historia e a harmonía da música de Tchaikovsky.
Tickets para o espectáculo
As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











