O Azkar procura alcanzar na táboa ao Xaén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Dous puntos sepáranlles na clasificación ao Jaén Paraíso Interior e ao Azkar Lugo FS. Mañá sábado (18:00 horas – Pavillón La Salobreja) andaluces e galegos enfróntanse nun partido importante para ambos equipos e no que os lucenses tratarán de alcanzar aos jienenses na táboa e así unha vitoria ata lles faría superar ao seu rival, debutante na categoría e que tras trece xornadas en liga están conseguindo o seu obxectivo.

A escadra andaluza móstrase forte como local e así conseguiu 7 dos seus 11 puntos en La Salobreja. Pola súa banda o Azkar Lugo, pese a facer bos partidos como visitante esta campaña, non conseguiu gañar como aínda a domicilio e mañá ten ante si unha nova oportunidade de poder conseguilo. Enfróntanse dous equipos que teñen como obxectivo a salvación e polo tanto ambos necesitan a vitoria para seguir distanciándose do último posto.

Para este encontro os lucenses non poderán contar con Álex Diz, Rubén Mouriz, Cospe nin Jose López por lesión polo que o técnico lucense realizou unha convocatoria de 11 xogadores.

Convocatoria:
 Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián e Zala.

Histórico de enfrontamentos en Jaén en 1ª división:
    Nunca antes se enfrontaron.

6 de decembro de 2013 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.