O Azkar prepárase para o partido do sábado en Xaén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras gozar desde o pasado sábado da importante vitoria ante o Gran Canaria, toca pasar páxina e pensar xa no seguinte compromiso, o da 14ª xornada de liga en 1ª división, que para o Azkar Lugo terá lugar este próximo sábado (18:00 horas – Pavillón La Salobreja) cando os lucenses visitarán ao Jaén Paraíso Interior.

Os galegos seguen acusando as baixas. José López e Cospe seguen recuperándose das súas respectivas lesións mentres que Álex Diz está á espera de realizar unha resonancia magnética a cal informe achega da lesión de xeonllo que se produciu o pasado xoves e que lle fixo perderse o partido ligueiro. Ademais hoxe Rubén Mouriz e Adrián non se adestraron ao atoparse realizando unha sesión de adestramento coa selección galega sub-19.

Horarios de adestramentos:

Luns 2:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Martes 3:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Mércores 4:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Xoves 5:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
23:30 horas: saída cara a Jaén (Centro Deportivo Terra).

Venres 6:
Horario por confirmar: sesión técnico-táctica (Pavillón por confirmar).

Sábado 7:
18:00 horas: 14ª xornada de liga: Jaén Paraíso Interior – Azkar Lugo (Pavillón La Salobreja).

Domingo 8:
10:00 horas: saída cara a Cartagena.

2 de decembro de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.