publicidade hoxe

O Azkar Lugo busca no derbi iniciar con bo pé a segunda volta ante o Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Finalizada a primeira volta da competición ligueira, non hai tempo para a relaxación e mañá venres (21:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) arrinca a segunda tirada da competición doméstica e para o Azkar Lugo faio cun atractivo, esixente e bonito derbi como será o que lle en fronte ao Santiago Futsal.

Como xa demostraron nos seus últimos enfrontamentos, Azkar Lugo e Santiago Futsal veñen disputando derbis moi igualados, intensos e que se deciden por pequenos detalles. No arranque da liga os compostelanos adxudicábanse o derbi tras vencer 4-3, pero os lucenses acórdanse tamén da vitoria da pasada campaña na que os pronistas adxudicábanse a Copa Xunta ante os santiagueses. É por iso que o derbi será como sempre emocionante e importante para os de Diego Ríos para seguir mirando cara arriba.

Para este encontro os lucenses non poderán contar con Jose López por lesión mentres que Cospe é dúbida. Os santiagueses pola súa banda chegarán a Lugo sen dous xogadores por lesión, Mario Costa e Santi.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Lugo:
Vitorias Azkar Lugo: 3.
Vitorias Santiago Futsal: 4.
Empates: 3.

Tempada 12/13: 1-2.
Tempada 11/12: 4-5.
Tempada 10/11: 1-7.
Tempada 09/10: 3-3.
Tempada 08/09: 1-1.
Tempada 07/08: 2-2.
Tempada 06/07: 4-2.
Tempada 05/06: 6-5.
Tempada 04/05: 2-6.
Tempada 03/04: 7-1.

19 de decembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.