publicidade hoxe

O Azkar Lugo busca en Cartagena o pase a cuartos de final da Copa do Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Cambio de chip. O Azkar Lugo cambia a liga pola Copa do Rei. Os lucenses, trala vitoria do pasado sábado en liga en Jaén, desprazáronse desde a localidade andaluza directamente a Cartagena onte domingo para mañá martes (21:00 horas – Pavillón Wsell de Guimbarda) buscar o pase a rolda de cuartos de final da Copa do Rei, eliminatoria a partido único que lle enfrontará ao Plásticos Romero Cartagena.

Os galegos, pese a ser dunha categoría superior que o Cartagena, non se fían dese dato xa que na anterior rolda de dezaseisavos os cartageneros eliminaron a un primeira división como é o Jaén Paraíso Interior e saben do carácter competitivo dos de Guillamón. Os azuis polo tanto afrontan a eliminatoria con máxima concentración e a propósito de que será un partido duro e intenso durante os corenta minutos de xogo.

Para este encontro, Diego Ríos poderá contar cos mesmos 11 xogadores convocados para Jaén, pero conta coas dúbidas de última hora de Diego Núñez e Adrián, xa que o primeiro sofre unha otitis externa e o segundo un proceso vírico estomacal, polo que o preparador lucense terá que ver cal é o seu estado nas horas previas ao choque.

Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián e Zala.

Descártase lesión grave de Álex Diz
Esta mañá os servizos médicos do club confirmaron que o xogador Álex Diz non sofre lesión de gravidade algunha no seu xeonllo esquerdo, trala resonancia á que o canteirán fora sometido a pasada semana. A reincorporación do xogador lucense ao traballo co resto do grupo valorarase a partir deste próximo mércores.

9 de decembro de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.