O Auditorio de Ourense acolle os concertos de Carlos Núñez e Doa e as obras teatrais Luminosa Nostalgia e A historia do Apalpador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Tras a presentación de Nadal o pasado xoves, a Concellería de Cultura prepárase xa para estas festas con tres interesantes propostas no Auditorio Municipal.

Así mañá martes a partir das 20.30 h o músico Carlos Núñez ofrece un concerto no que fará un percorrido pola súa internacional traxectoria. O seu carisma, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo de sobra os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

O xoves 19, ás 20.30 h, descóbrese o telón do Auditorio para acoller a obra de teatro Luminosa Nostálgia de Sudhum Teatro. Aí coñeceremos a historia de Ana, Pablo e Daniel cando deciden por fin á súa vida. O suicidio é o punto de partida para cambiar. O cambio chega no punto de encontro. Unha viaxe cara á fin do mundo, o medo a perder, o que fomos e non somos, o que somos e non chegaremos a ser, a guerra e o futuro.

Esa mesma noite – ás 21.00 h -, o Museo Municipal será protagonista dunha das inauguracións máis esperadas: O clamor da túa presenza, do artista Manolo Vidal.

Continuamos co venres 20 día no que terá lugar a inauguración oficial do Nadal, co tradicional acto fronte ao Belén de Arturo Baltar ás 18.30 h. Este espazo expositivo, xoia da representación da nosa etnografía, amplía o seu horario no Nadal e abrirá tamén polas tardes entre as 18 h e as 20 h – polas mañás mantén o horario habitual entre as 12 h a 14 h -.

Ese mesmo día, a Banda Municipal ofrece un concerto na Praza de San Mariño ás 20 h.

E media hora máis tarde, comezará no Auditorio Municipal o concerto do grupo Doa, A Fronda dos Cervos. Este trío presenta o seu último traballo discográfico que é unha escolma de traballos anteriores. Nel recrean, desde a súa particular visión, a música medieval e popular de Galicia: Cantigas de Santa María, Cantigas de Amigo, Cantigas dos Cancioneiros Populares e as Músicas do Camiño de Santiago.

Finalmente o domingo día 22 ás 12 h, a programación infantil terá a penúltima parada deste ano coa Historia do Apalpador, de Títeres Cachirulo.

Os máis cativos poderán ver este personaxe da tradición popular galega nado no Courel ligado ás festas do Nadal. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo chego de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

A venda de entradas para as actividade no Auditorio Municipal son, coma sempre, a través de www.servinova.com ou dúas horas antes de cada actuación.

Concurso de beléns

Por outra banda, ata o xoves, 19 de decembro está aberto o prazo para inscribirse no XVIII concurso de Beléns Públicos da cidade. Poderán participar todas as asociacións de veciños e veciñas, culturais, agrupacións de calqueira clase, colexios e particulares pertencentes ao municipio ourensán, incribíndose na Concellería de Cultura (Auditorio Municipal, rúa da Canle 2), no teléfono 988 391 290, no fax 988 232 577 ou enviando un email ao aderezo electrónico cultura@ourense.es.

16 de decembro de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.