O alumnado do IES Salvaterra fai o último Roteiro Castelao do 2013
Un grupo de 70 alumnos/as de 2º da ESO do IES Félix Muriel (Rianxo- A Coruña) fará mañá martes, día 17 de decembro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo en dúas quendas: ás 10.30 e ás 12.00 horas da praza da Ferraría. Este será o último roteiro Castelao no ano 2013, pero as visitas seguirán á volta das vacacións de Nadal.
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano. O percorrido inclúe unha visita ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.