publicidade hoxe

O alcalde do Carballiño presenta aos carniceiros da localidade o novo matadoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Presentación aos carniceiros da localidade

Presentación aos carniceiros da localidade

O alcalde do Carballiño presentou esta semana o proxecto do novo matadoiro aos carniceiros da zona, acompañado dos responsables do Cluster da carne de Galicia, que serán os responsables do funcionamento deste matadoiro. Na reunión, que tivo lugar no salón de plenos, expúxose a estes profesionais o funcionamento que terá estas instalacións e, o máis importante, que se contará co mesmo persoal que tiña antes de sufrir o accidente coa caldeira, fai agora máis un ano. En concreto na primeira fase contratarase a 5 empregados, coa previsión de contratar a outras dúas persoas cando se abra a zona de formación para profesionais.

Marnotes explicaba aos carniceiros que, antes de asinar o convenio, quería que eles coñecesen como ía ser este proxecto, e implicalos en o  mesmo. Os profesionais recibiron moi ilusionados este proxecto, desexando que empezo xa a funcionar, algo que podería ser durante o primeiro trimestre de 2014. A firma do convenio, unha vez recibido o visto e prace dos carniceiros, será antes de finalizar este 2013.

Durante a reunión o alcalde carballiñés destacou que “o poder asinar o convenio co Cluster permítenos o solicitar a contratación dos operarios no Carballiño, algo que si fose outro tipo de concesión nunca poderiamos solicitar”. Tamén destacaron algúns aspectos do novo matadoiro que ofrecerá maiores posibilidades de mercado aos carniceiros locais, como é a inclusión dunha sala de despezamento, esixida pola actual normativa para todos aqueles que queiran vender fose do núcleo onde se atopa situada a carnicería.

O novo matadoiro desenvolverase en tres fases. A primeira será o acondicionamento do matadoiro existente momento no que se poderá xa  iniciar a actividade; unha segunda para a ampliación das actuais instalacións e a creación dun modelo de aforro enerxético, e unha terceira de creación dun centro de formación de profesionais do sector, onde se poderán impartir os carnés profesionais, algo que nestes momentos sería de gran importancia xa que non existen centros específicos. Ademais contase cunha aula multiusos para outras materias.

4 de decembro de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.