O alcalde de Ourense retira a delegación de competenciais a Antonio Rodríguez Penín
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, comunicou hoxe ás executivas local e galega do PSdeG-PSOE a súa decisión de cesar de todas as súas competencias ao ata de agora concelleiro de Infraestructuras, Limpieza Viaria e Perímetro Rural, Antonio Rodríguez Penín, por perda de confianza na súa xestión.
O alcalde de Ourense non descarta novas medidas unha vez sustanciadas as responsabilidades derivadas do feitos acontencidos no Pleno Ordinario do Concello de Ourense o pasado día 13 de decembro.
Asimesmo, Agustín Fernández trasladará á Executiva Local de Ourense o acontecido no Pleno, no que cinco concelleiros abandonaron o salón de sesións para non ter que votar dacordo co sentido do Grupo Municipal Socialista, para os efectos que a executiva ourensá considere oportunos.











