O alcalde de Culleredo acorda cos taxistas non aumentar as tarifas para 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

Os taxis de Culleredo non incrementarán as tarifas no ano 2014. Ese foi o acordo alcanzado na reunión mantida entre o alcalde, Xullo Sancristán, e a xunta directa da asociación de Taxistas de Culleredo, co fin de abordar diversas cuestións de actualidade relacionadas co sector. En concreto, a asociación podía solicitar unha subida do 0,5% para o próximo ano, incremento que lles correspondería segundo o aumento do IPC galego este sector. O alcalde suxeriu manter as tarifas, ao reflexionar sobre a situación económica que afecta a moitos veciños de Culleredo e así tratar de evitar a desafección ao taxi.

A Asociación entendeu perfectamente a petición que formulada e decidiu renunciar á subida do 0,5. Os taxistas ao desistir do incremento queren pór o seu granito de area para facer máis levadío o momento económico crítico que sofren moitos cidadáns. Outro dos temas falados no encontro referiuse ao novo convenio a asinar co Concello da Coruña para o traballo conxunto de ambas as institucións. O anterior convenio foi denunciado ao entender Culleredo que debe elaborar un novo que responda as necesidades dos taxistas locais. O goberno local e a asociación de taxistas decidíronse conceder unha marxe até o 31 de decembro para estudar o novo texto, antes de empezar as conversacións co Concello da Coruña, Teletaxi e Radiotaxi. Sancristán agradece a disposición da asociación de taxistas para tomar as mellores decisións tendo en conta tamén as necesidades dos veciños. Ambas as partes mostraron a súa satisfacción á saída da reunión polos acordos alcanzados.

13 de decembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.