O acendido da árbore da Praza de Galicia inaugura a decoración de Nadal en Vilagarcía
A luz e as cores do Nadal iluminarán as rúas de Vilagarcía a partir das 21:00 horas de mañá, 5 de decembro, día no que está previsto o prendido da decoración luminosa que ambientará a cidade nestas festas. Unha gran árbore de 20 metros de alto por 6 de base en forma de cono presidirá a Praza de Galicia, mentres que guirnaldas, arcos e mantas de micro lámpadas leed e con motivos navideños decorarán as rúas Rey Daviña, Arzobispo Lago, Conde Vallellano, Castelao, Covadonga, Arzobispo Andrade, Edelmiro Trillo, Juan Carlos I, Avda. da Mariña e San Roque. Todos estes motivos foron contratados polo Concello á empresa Iluminaciones Umia.
A iluminación verase enriquecida na Praza da Independencia grazas á iniciativa dos comerciantes desa zona que decidiron contratar pola súa conta decoración supletoria, ao igual que os hostaleiros da Praza do Castro. O Concello aplaudiu a iniciativa destes dous grupos aos que apoiará sufragando o custe do consumo eléctrico.
A decoración de Vilagarcía tamén se verá incrementada coa propia acción do Concello que a través dos servizos de Electricidade e Xardíns, encargaranse de engalanar varias zonas e edificios públicos con luz e ornamentos florais. Unha das principais novidades sons as bágoas de luz penduradas nas árbores do Xardín de Ravella e da Alameda. Os operarios tamén se encargarán da instalación de árbores de luz cónicos na explanada do Auditorio e na entrada ao Concello, de decorar a Praza de Abastos, a fachada da Casa de Cultura e o interior do Auditorio. A ambientación de Nadal completarase flores de Pascua nos maceteiros das rúas peonís.
Por último, e con motivo do Centenario da unión dos concellos de Vilagarcía,Vilaxoán e Carril que se conmemora este ano, as celebracións de Nadal inclúen un chisco a esta efeméride e relacionada co Nadal. Consiste na plantación de exemplares de acibo no parque de Dona Concha de Vilaxoán, na Alameda de Carril e no parque Miguel Hernández de Vilagarcía.











