Novos horarios de recollida de lixo en Monforte durante Noiteboa e Noitevella
A concellería de Medio Ambiente lembra que os martes, días 24 e 31 de decembro, o horario habitual da recollida de lixo rexistrará modificacións co obxecto de posibilitar que os traballadores deste servizo poidan pasar a noiteboa e a noitevella na compaña das súas familias.
O horario de recollida de lixo para estes días será o seguinte:
Colocación de cubos: en horario de mañá.
Recollida de cubos: iniciarase ás 15:00 e rematará ás 19:00 horas.
Recollida de cartóns dos comercios: entre as 16:00 e as 19:00 horas
Dende a concellería de Medio Ambiente pídense desculpas polas molestias que poideran ocasionarse e solicítase a colaboración da cidadanía e dos comerciantes á hora de depositar o lixo nun horario excepcional.
O servizo de recollida de lixo retornará ó seu horario habitual os días seguintes destas datas sinaladas.











