Nova ruta de sendeirismo por Chandebrito
O Concello de Nigrán ofrece, dentro da súa programación de lecer e tempo libre para este Nadal, unha nova edición da campaña Descobre as nosas rutas. A cita será o vindeiro sábado 14 de decembro, cunha ruta guiada polo Sendeiro Circular do Castro, en Chandebrito, con saída ás 10.00 horas desde a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar.
Os interesados en participar nas rutas de sendeirismo guiadas poderán formalizar o seu reserva de praza no teléfono 986 36 50 00, no Departamento de Cultura, ou a través do correo electrónico cultura@nigran.org.











