Nova edición en Verín da iniciativa de postais solidarias interxeracionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Os departamentos de Educación Familiar e Servizos Sociais do Concello de Verín promoven, un ano máis, a iniciativa de postais solidarias interxeneracionais, que permitirá que a xente maior do municipio reciba postais de Nadal deseñadas por estudantes dos centros educativos da comarca.

A esta iniciativa adheríronse alumnos/as dos ciclos de infantil e primaria do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada e Colexio Rural Agrupado Monterrei, que realizaran persoalmente unhas postais de Nadal. As mesmas serán enviadas ás persoas maiores que viven soas en Verín, ademais de ser repartidas o vindeiro 21 de decembro, entre os/as internos da Residencia de Anciáns Santa María. Todo co obxecto de concienciar aos menores da existencia de xente maior que non ten a ninguén co que compartir estas datas festivas, e que estas persoas reciban un agasallo especial por parte dos/as nenos/as; ademais de buscar que estas festas de Nadal estean cheas de calor humano para os maiores, e que os/as rapaces/as do municipio coñeza os verdadeiros valores sobre os semellantes e pensen que algún día eles/as tamén necesitarán de accións como estas.

11 de decembro de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.