Negreira inaugura o Belén Municipal que permanecerá aberto ao público ata o 6 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, inaugurou esta tarde o Belén Municipal, que se poderá visitar no Palacio de María Pita até o próximo 6 de xaneiro. Este ano incorpórase a figura do fotógrafo e presidente da Cociña Económica, Alberto Martí.

O Belén Municipal, que ocupa un espazo de 100 metros cadrados no Palacio de María Pita, poderase visitar até o 6 de xaneiro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas. Conta con máis de 250 figuras, entre as que se atopan personaxes históricos e lendarios como Breogán, Caio Servio Lupo ou Sir John Moore; intelectuais e artistas como Emilia Pardo Bazán, Eduardo Pondal, Picasso ou Luís Seoane; e outros protagonistas da historia recente da cidade, como Arsenio Igrexas, Mauro Silva ou o doutor Vázquez Igrexas, Manito.

A partir de hoxe, súmase a esta lista o presidente da Cociña Económica. A incorporación de Alberto Martí ao Belén Municipal enmárcase dentro da filosofía do Concello de homenaxear a figuras que destacan polo seu altruísmo, xenerosidade e solidariedade. Así, en 2011, colocouse a figura de Pai Rubinos e, desde o ano pasado, tres estrelas que simbolizan ao tres heroes do Orzán (Rodrigo Maseda, Javier López e José Antonio Villamor) iluminan o Belén Municipal da Coruña.

12 de decembro de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.