Negreira celebra Santa Bárbara na Fábrica de Armas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Negreira na celebración de Santa Bárbara

Negreira na celebración de Santa Bárbara

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu hoxe á celebración do día de Santa Bárbara, organizada polos traballadores da Fábrica de Armas.

Carlos Negreira asegurou que “non é un ano máis” para a factoría, á vez que destacou a mensaxe que trasladaron os empregados da Fábrica de Armas á cidadanía: “É difícil ver uns traballadores máis comprometidos coa fábrica, non os hai. Lanzastes unha mensaxe moi importante grazas á vosa vontade de ferro e agarimo polo pasado, o presente e sobre todo polo futuro”. O alcalde aproveitou para reiterar o apoio do Concello ao persoal: “Entre todos temos que mover estes 300.000 metros cadrados para que sexan unha oportunidade laboral, e animar a que se presenten proxectos empresariais ao concurso. A xente da cidade está orgullosa de vós”, concluíu Negreira.

4 de decembro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.