publicidade hoxe

Neda realizará o acondicionamento de cinco camiños con cargo ao POS provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello anunciou esta mañá o próximo acondicionamento de cinco camiños repartidos polo termo municipal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial de A Coruña. As intervencións desenvolveránse nos camiños das Augas, Pename, Ardá Fontevella, As Barreiras e Sandes. Orzamento? 55.000 euros.

O Concello realizou un estudo a pé de campo sobre o estado das diferentes pistas e camiños do municipio e, o mesmo, deu como resultado a selección efectuada ao tratarse dos viais municipais en peor estado e tendo presente a presenza de núcleos poboacionais cercanos. Deste xeito, o goberno municipal levou esta proposta a pleno esta mesma mañá, recibindo o apoio do PSOE e a abstención de IU. Agora, o seguinte paso será sacar a contratación as actuacións.

En concreto, as intervencións desenvolveránse no camiño das Augas (1,8 quilómetros), Pename (2,1 quilómetros), Ardá Fontevella (800 metros), As Barreiras (2 quilómetros) e Sandes (370 metros). En total, más de sete quilómetros. Nestas vías procederáse á súa pavimentación con rego asfáltico e limpeza de cunetas.

17 de decembro de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.