publicidade hoxe

Nadal Street Market estréase este ano en Marineda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Máis de 20 expositores estarán presentes na primeira Edición de Nadal Street Market. Un Mercado Do Nadal situado na Praza Exterior do Centro Comercial Marineda City, onde se ofrecerán todo tipo de produtos de Artesanía como, Xoiaría, Coiro, Cerámica, libros, complementos, así como de Gastonomía nos que destacarán produtos galegos tales como aceites, doces, queixos, marmeladas, etc.
Unha nova iniciativa fomentada pola necesidade de achegar o comercio local aos grandes espazos comerciais que nestas datas sinaladas atraen a grandes cantidades de xente, na que se ofrecerá unha gran diversidade de produtos orixinais para realizar as compras de nadal.
Nadal Street Market abrirá todos os días desde o 20 de Decembro até o 05 de Xaneiro, de 11:00 a 14:00 e de 15,30 a 21:00, excepto os días 25 de Decembro e 01 de Xaneiro nos que o centro permanecerá pechado.

23 de decembro de 2013 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.