Música e festas infantís dentro da programación de Nadal da fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

As concellarías de Cultura e Festas intensifican esta fin de semana as actividades da programación de Nadal, en colaboración co resto de tecido asociativo do concello. A programación comeza esta mesma tarde:

• Praza de Méndez Núñez. A partir das 16.30 horas.  Contacontos e inchables.

• Auditorio. Ás 21.00 horas será a entrega dos Premios galegos da música que organizan Músicos ao vivo e o Pazo da Cultura.

As actividades para o sábado, 14 de decembro, son:

• Praza de Méndez Núñez. Festa infantil a partir das 18.30 horas. Contacontos e inchables.

O domingo, 15 de decembro, a programación é a seguinte:

• Teatro Principal. Ás 20.30 horas. Concerto de Nadal a cargo do Seminario Permanente de Jazz.

O luns, 16 de decembro, a oferta de lecer é:

• Auditorio. ÁS 20.00 HORAS. Música de Manuel Quiroga a cargo das Orquestras e Coros do Conservatorio.

Organizado polo Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga. Entrada de balde até completar aforo.

13 de decembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.