publicidade hoxe

Música e deporte para o fin de semana en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas ten un fin de semana de intensa actividade, aproveitando estas festas de Nadal e coa idea de facilitar os veciños e veciñas do municipio diferentes propostas coas que encher o tempo de lecer.

A primeira das citas será o sábado. O Salón de Plenos do Concello de Cabanas volverá a servir de escenario para un concerto levado a cabo polos integrantes da Escola de Música Municipal. A hora de comezo do concerto será ás 18:30 horas. Posteriormente levarase a cabo ás 20:00 horas o tradicional concerto de Nadal. A entrada para as dúas actuacións é gratuíta.

O domingo en cambio será un momento de actividade física. Desta forma o Concello de Cabanas organizará unha nova ruta de sendeirismo, neste caso a chamada Ruta dos Encomendeiros, que levará os participantes ata o corazón das Fragas do Eume. O antigo campo de fútbol da Madalena será o punto de saída. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 10:00 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

20 de decembro de 2013 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.