Mos contará coa celebración de tres actividades navideñas e de seguridade vial
A concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá informou hoxe das vindeiras actividades organizadas dende o departamento municipal que ela dirixe. Trátanse de uns obradoiros de Nadal para maiores de 18 anos, os campamentos infantís de Nadal e unha charla sobre seguridade peonil.
Os obradoiros de Nadal para adultos tratarán sobre centros de mesa de Nadal, preparación e decoración dunha mesa de Nadal, e introdución a cata de viños. Para participar en calquera dos tres o prazo de inscrición é dende hoxe ata o 10 de decembro (a lista de admitidos publicarase o propio 10 de decembro). O prezo por persoa por participar tamén en calquera deles é de 3 euros e lugar de celebración será para os tres o Multiusos en horario de 19.00 horas a 22 horas.
Mediante o obradoiro de cata de viños preténdese ofertar ás persoas participantes as nocións básicas sobre cata de viños a vez que comparten experiencias con veciños e veciñas gozando destas datas. O día de celebración será o martes 10 de decembro.
Os obxectivos do taller de centros de mesa de Nadal son festexar estas datas compartindo coñecementos e experiencias con outros/as veciños/as, facilitar o desenvolvemento de habilidades manuais, fomentar o desenrolo da imaxinación e o inxenio e achegar un recurso decorativo e artístico ao alcance das nosas mans. Impartirase o mércores 11 de decembro.
O obradoiro de preparación dunha mesa de Nadal pretende achegar os coñecementos para que os/as participantes aprendan a preparar unha mesa que presente un bo impacto visual, dar a coñecer o protocolo actitudinal nunha mesa, recoñecer a colocación axeitada dos utensilios nunha mesa e facilitar uns coñecementos básicos para saberlle dar a mesa un toque decorativo. O día de celebración será o xoves 12 de decembro
Os campamentos infantís de Nadal van dirixidos as/os nenas/os de entre 3 a 12 anos empadroados en Mos. O prazo de inscrición é do 5 ó 17 de decembro e a publicación da lista de admitidos o 18 de decembro. A celebración campamentos será do 23 de decembro ó 3 de xaneiro. Son dous os campamentos ofertados: “Un Nadal de cine” para cativos de 3 a 10 anos (ata 4º de primaria) e “A Christmas to remember” para rapaces de 10 a 12 anos de idade (5º e 6º de primaria). O máximo de prazas dispoñibles para cada campamento e de 30.
“Un Nadal de cine” con horario de 10:00 horas a 14:00 horas ten un custe por participante de 30 euros, con suplemento de cinco euros para o servizo de aula madruga custando 35 euros con horario de de 9:00 horas a 14:00 horas.
“A Christmas to remember” con horario de 10:00 horas a 14:00 horas ten un custe por neno participante de 35 euros e de 40 euros incluíndo o servizo de aula madruga que amplía o horario de 9:00 horas a 14:00 horas. Este campamento é totalmente en inglés para que ademais de pasar uns días de ocio os participantes practiquen o idioma.
Por último, a charla dirixida á mellora da seguridade do peón a través da Campaña da Seguridade Vial “O Peón, celebrarase o día 18 de decembro no Auditorio do Multiusos das Pozas, a partir das 19:00 da tarde, e ten como obxectivo dotar dos coñecementos precisos para previr a accidentalidade.
Vai dirixido a toda a poboación de Mos e os seus obxectivos son informar dos dereitos e das obrigas do/da peón, recalcar a importancia de cumprir as normas de circulación, fomentar a atención e precaución nas rúas, e destacar a importancia de facerse ver en situacións de pouca visibilidade.











