Monográfico teórico-práctico en Xove sobre a “entrevista de traballo”
Hoxe, venres 13 de decembro, en horario de 17:00 a 19:00, impartiuse na Omix de Xove un monográfico teórico-práctico sobre a “Entrevista de Traballo”. Un total de 14 persoas, de idades entre os 16 e 41 anos, anotáronse para participar.
Este obradoiro forma parte do plan Activa 2013 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. Durante as dúas horas de duración, as persoas participantes aprenderon a elaborar un currículo, coñecer os tipos de entrevistas (parte importante no proceso selectivo de moitas empresas) e a súa preparación previa.