Monforte celebra unha xornada sobre novos perfís profesionais na aula Cemit

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Promoción Económica e Emprego informa que este xoves se celebrará unha xornada sobre novos perfís profesionais que poderá seguirse a través de video conferencia na aula Cemit de Monforte.

Dado que os contidos dixitais xerarán ata 305.000 novos empregos  nos vindeiros cinco anos, a través desta xornada preténdese:

1) Mostrar ós participantes no encontro como, grazas ó avance da Economía Dixital, existen moit@s moz@s que están  a ocupar postos de traballo que se demandan dende hai pouco tempo nas empresas e outros que serán de nova creación.

2) Mostrar persoas mozas galegas,  que grazas a súa paixón polo  mundo das redes, internet e as novas tecnoloxías, son exemplos de emprendemento e coñecemento e traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital. 

A xornada, baixo o título “ Novos perfís profesionais na era dixital” está dirixida a Voluntarios Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, desempregados, orientadores laborais e calquera persoa con talento entusiasta de Internet e o 2.0

As persoas interesadas en participar nesta xornada poden informarse na oficina da axente de desenvolvemento local, situada nas Casiñas da Compañía, ou chamar ó teléfono 982- 88-47-75.

2 de decembro de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.