Monforte acolle un obradoiro de elaboración de cremas e ungüentos naturais no Banco de Tempo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Banco de Tempo de Monforte segue a traballar para lograr, entre os seus socios e socias, a celebración dun Nadal máis sustentable e solidario.

Como xa se fixo en anos anteriores, con Intercambios Colectivos como o de calceta e con actividades como o Troco, búscase darlle solucións ós agasallos que se fan nestas datas dunha maneira alternativa ó consumismo desmedido e irresponsable. Por isto, para este mes de decembro organízase un obradoiro de “Elaboración de Cremas e Ungüentos Naturais” dirixido por unha experta nesta técnica, Amparo Grandío.

A actividade vai dirixida ás persoas socias do Banco de Tempo, que con esta actividade aprenderán a facer cremas e ungüentos de forma artesanal e con plantas medicinais para empregalas como regalos de Nadal.

Este obradoiro ofertouse como unha forma económica, orixinal e de acordo cun consumo responsable, para agasallar ós seres queridos nestas datas festivas, obtendo unha gran aceptación e cubríndose a totalidade das prazas ofertadas.

A data escollida para a realización do obradoiro será este venres día 13 de decembro, de 16:30 a 20:30 horas na Aula 12 do Edificio Multiusos.

Aquelas persoas interesadas en participar en futuros Intercambios de Tempo Colectivos ou Individuais, poden obter información sobre cómo asociarse ó Banco de Tempo na web do concello, www.monfortedelemos.es,  nas oficinas do  Centro de Información á Muller do concello de Monforte, situadas na rúa Ricardo Quiroga s/n, ou no tlf. 982 41 63 50.

12 de decembro de 2013 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.