Monforte acolle a proxección dunha curtametraxe baseada nunha obra de Vicente Risco
O día 2 de xaneiro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura, proxectarase a curtametraxe titulada “Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros”.
Algunhas escenas desta curtametraxe, baseada nunha obra do mesmo título do escritor ourensán Vicente Risco, foron rodadas na estación monfortina e no Museo do Ferrocarril da nosa cidade.
O filme, dirixido por Luis Baños Campo e protagonizado por Xabier Álvarez Cid e Xoán Lois Fernández, conta coa colaboración de Xosé Manuel Piñeiro como narrador.
A entrada á proxección será libre e gratuíta.
O concello de Monforte colaborou na realización desta curtametraxe.











