Mini maratón benéfico de fútbol sala no Carballiño
A agrupación carballiñesa de Protección Civil organizou para o próximo 28 de decembro un campionato de futbol sala, no que participarán os traballadores do concello do Carballiño, os membros da Garda Civil, da Policía Local, Protección Civil, e das penas carballiñesas do Deportivo, Celta, Real Madrid e Barcelona.
A entrada para asistir a este mini maratón será un xoguete, que se depositarán no propio pavillón de deportes, e que logo serán repartidos entre as familias máis necesitadas para que a noite de reis sexa máxica en todas as casas da vila e a comarca.
Os partidos comezarán ás 16:00 horas, xogándose nas dúas pistas, a central e o anexo. Os membros de Protección Civil animan a todos os carballiñeses, afeccionados ou non ao futbol sala, a que acudan a esta festa deportiva e benéfica.











