publicidade hoxe

Marxión, os accesos a Trabanca Badiña e a Avenida de Rubiáns serán as próximas actuacións da campaña de limpeza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello e Cespa continuán a vindeira semana coa campaña intensiva de limpeza de rúas. Segundo o programa, as labores centraranse ennas zonas de Marxión, os accesos a Trabanca Badiña, Parte das Carolinas e as avenidas de Rubiáns e Pontevedra. Como nas zonas nas que se traballou con anterioridade, os operarios municipais realizarán traballos manuais de limpeza de tragantes e arquetas para que as máquinas de Cespa poidan empregarse posteriormente na limpeza de beirarrúas, calzada e contedores de lixo. Nesta última fase os estacionamentos deberán quedar libre de vehículos ata que rematen as labores de limpeza.

As rúas afectadas o mércores, 18 de decembro, serán entre as 7 e as 10 da mañá a Travesía das Carolinas (calexa do supermercados Lidl e Día), a Urbanización San Roque e a Rúa o Pino. A continuación, entre as 10 e as 13 horas, as máquinas pasarán a limpar a avenida das Carolinas (confluencia Ramón Cabanillas con Luz Salgada), o Paseo Ricardo Caamaño e A Florida.

O xoves 19 proseguirá a campaña cunha primeira quenda de 7 a 10 da mañá que afectará ás beiras pares das avenidas de Pontevedra e de Rubiáns. Entre as 10 e as 13 horas, as máquinas pasarán en sentido contrario para limpar os lados impares destas mesmas calzadas.

O venres, 20 de decembre, péchase o programa de limpeza da semana actuando nas rúas Daniel Espiño e Primeiro de Maio (confluencia entre a rotonda de Larsa e con Camiño do Foro) entre as 7 e as 10 da mañá. Dende esta hora ata as 12 do mediodía procederase á limpeza da Rúa Marxión (confluencia entre o parque Doutor Fleming e Plaza de Invisa) e a Plaza Invisa.

16 de decembro de 2013 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.