María José Lozano Lorenzo protagoniza o taller sobre envellecemento activo e saudable de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

María José Lozano Lorenzo, traballadora social do Complexo Hospitalario de Pontevedra, protagonizou o taller “Envellecemento Activo e Saudable” que tivo lugar estar tarde no Centro Cultural de Ponte Caldelas organizado polo departamento de Servizos Sociais.

Os principais contidos deste taller viran en torno ao adestramento persoal no ámbito da saúde, as técnicas de autoaxuda e a adecuada xestión das emocións e a tensión. Esta iniciativa estivo especialmente dirixida á poboación maior, familiares ou cidadanía en xeral.

Con este taller preténdese por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas que os asistentes adquiran coñecementos claros e precisos do proceso de envellecemento que experimenta o ser humano co fin de mellorar a calidade de vida das persoas e os seus familiares en momentos de especial sensibilidade.

Debido ao limitado das prazas e a que se expedirá un certificado de asistencia, os asistentes tiveron que inscribirse previamente nas oficinas municipais.

TALLER DE DIABETES, O VINDEIRO LUNS DÍA 16 NO CENTRO CULTURAL  DE PONTE CALDELAS

Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas lembran que o vindeiro luns 16 de decembro terá lugar outro taller, esta vez dedicado á enfermidade da diabetes e que estará impartido por Vitoria Hierro Illanes, enfermeira educadora nesta doenza no Complexo Hospitalario de Vigo.

Esta iniciativa formadora e divulgadora estará especialmente dirixida a persoas diabéticas ou en serio risco de padecer esta enfermidade, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral.

Os asistentes a este taller tamén deberán inscribirse previamente enlas oficinas municipais, en horario de mañá, ou no propio Centro Cultural, polas tardes, e recibirán un certificado de asistencia.

Entre os contidos a tratar neste taller está a actualización sobre a enfermidade, os coidados de saúde e control adecuados de glucemias e recomendacións na alimentación dos pacientes que padecen esta doenza practicamente asintomática, a cal se pode padecer sen que un déase conta  ata que xa se atopa nunha situación moi avanzada.

11 de decembro de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.