María América Vázquez Barreiro gaña o XVIII Concurso de Beléns de Ourense
O xurado do XVIII Concurso de Beléns Públicos, formado por representantes da Asociación de Belenistas, do movemento veciñal e da Concellaría de Cultura, tomou, por unanimidade, a decisión de elixir ao belén de María América Vázquez Barreiro como o gañador do certame, no que participaron máis de vinte beléns. Ademais, o xurado chamou á atención, ante a aparición dun novo xénero de beléns artísticos, da necesidade de modificar as bases para recoller esta nova expresión do Nadal, ademais de aumentar o número de accesits, aínda que fose diminuíndo a cantidade económica do premio. O premio ao belén infantil quedou finalmente deserto.
O belén de María América está situado nunha dependencia dos baixos da súa casa – Luís Pimentel s/n, zona do 21 (Javier: 645 367 819) e foi elaborado pola familia, xuntando a ilusión propia do Nadal coa representación dos elementos fundamentais dun belén da nosa xeografía, con variados oficios, luz, auga e figuras con movemento. O segundo premio foi para o belén de José Luis Cofán (677 403 615), tamén nunha residencia particular, que ocupa o salón da casa e tamén recolle con esmero a representatividade propia dos nosos beléns.
O terceiro premio foi para a Asociación de Veciños e Veciñas de Barrocás (Vanesa: 669 709 909), que elaboraron, con moito esforzo e tempo, un belén completamente diferente, case unha pequena obra de arte.
Nesta edición do concurso, o premio do belén infantil quedou deserto e os accésits foron os seguintes:
1º.- Colexio Divino Maestro (Javier: 600 405 991)
2º.- Salón de Estética Mont Petit (Lola: 639 024 970)
3º.- Escola Infantil A Casiña (Ana: 988 236 825)
4º.- Panadería Ansuíña (988 213 406)
5º.- Residencia Nosa Señora da Esperanza da Farixa (María Gallego: 988 235 212)
6º.- Manuel Muñoz García (649 065 744)











