Malasombra representa en Oroso o espectáculo “Smoke City”, unha aventura contra o tabaquismo
O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá mércores 18 de decembro, ás 16:45 horas, a obra de teatro “Smoke City”, un espectáculo contra o tabaquismo que está especialmente dirixido a alumnos e alumnas da ESO pero que tamén está aberto ao público en xeral. A compañía Malasombra representará “Smoke City”, unha historia de acción, unha aventura de gángsters e policías que aborda a problemática do tabaquismo.