Máis de 300 deportistas son premiados na VI Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou na tarde de onte a súa VI Gala do Deporte. O evento congregou a máis de 2.000 persoas que encheron a discoteca LP45 na vila de Ordes. Un acto co que a Mancomunidade de Ordes quere recoñecer o traballo e esforzo dos seus mellores deportistas, os logros e éxitos acadados por eles, á par que se ensalzan e promulgan os valores que rexen a competición e a práctica deportiva en calquera eido. Así recoñécese a labor de deportistas e entidades que, ben pola súa traxectoria ou ben pola súa proxección tiveron un papel destacado nos concellos da comarca. Cada un deles fixo entrega de cinco galardóns, entre os que figura un para promesas deportivas e outro en recoñecemento para quenes contribuiron no fomento do deporte. Atletismo, natación, patinaxe, fútbol, xadrez, judo, tenis de mesa, taekwondo, hóckey, chave e tiro con arco, son as disciplinas premiadas este ano. En total máis de 300 deportistas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, subiron ao escenario para recoller o seu premio.
O presidente da Mancomunidade, Manuel Regos Boquete, foi o encargado de abrir o acto cun discurso no que agradeceu públicamente “a colaboración e o traballo conxunto que se fai por parte de todos os integrantes da Mancomunidade”. Un recoñecemento que quixo personalizar en cada un dos alcaldes “polo apoio que sempre mostran á hora de emprender proxectos en común e pola xenerosidade que este comportamento vén a demostrar”. Tras este momento arrancou a entrega de galardóns propiamente dita. Cada un dos premiados recibiron medallas, trofeos, agasallos e incluso vales para ser canxeados por material deportivo nos establecementos colaboradores. Para facer entrega de todo elo non só estiveron os alcaldes de cada municipio senón tamén acudiron varios dos seus concelleiros de áreas como Deportes, Ensino, Muller, Cultura, Promoción Económica, etc. Tamén acudiron á cita o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; o presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos; o campión de España de rallys de terra, Mario Ríos; así como o campión mundial de Triatlón, Iván Raña.
Conducindo a gala estiveron o xornalista local Pablo Quinteiro e a artista e cantante da parroquia de Beán Tania Veiras, quen despertou unha tormenta de aplausos tralas súas actuacións musicais. Para esta ocasión Tania interpretou a rancheira ‘Se problemas’, da cantante Ana Gabriel, e o tema de Luis Fonsi ‘Yo no me doy por vencido’.
LISTADO DE PREMIADOS
Concello de Cerceda
3º PREMIO:Novos cintos negros (judo)
2º PREMIO: Daniel González Eirís (xadrez)
1º PREMIO: Alevíns CCD Cerceda (fútbol)
PROMESA: Daniel González Eirís (xadrez)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Cesáreo Leiro Parceiro (fútbol)
Concello de Frades
3º PREMIO:EDM de atletismo
2º PREMIO: Equipo de fútbol de veteranos Abellá
1º PREMIO: EDM de fútbol sala cadete
PROMESA: Rita Viqueira Cajaraville (patinaxe)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Castro Méndez (fútbol)
Concello de Mesía
3º PREMIO: Nerea Sánchez Grobas (atletismo)
2º PREMIO: Lucía Doval Sánchez (atletismo)
1º PREMIO: Categorías inferiores do Visantoña Club de Fútbol
PROMESA: Gloria Iglesias Grobas (atletismo)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Directiva e colaboradores do Visantoña Club de Fútbol
Concello de Ordes
3º PREMIO: Escola municipal de tiro con arco
2º PREMIO: Escolas deportivas de taekwondo
1º PREMIO: Grupo Show Club Alquimia (patinaxe)
PROMESA: Andrea Castro Landeira (lanzamento de xavelina)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Jesús Maneiro Fandiño (chave)
Concello de Oroso
3º PREMIO: Sofía Zapata Fermín (taekwondo itf)
2º PREMIO: Equipo Fútbol Alevíns Escola Xuventude Oroso
1º PREMIO: Equipo Tenis de Mesa División de Honra Nacional
PROMESA: Bruno Saavedra Rodriguez (hockey a patíns e fútbol)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Ríos Rial (rally)
Concello de Tordoia
3º PREMIO: Alejandro Suárez García (natación)
2º PREMIO: Marta Rosende González (natación)
1º PREMIO: Martín Liste Viaño (atletismo)
PROMESA: Lucía Tasende Castro (patinaxe)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Susana Pena Varela(fútbol)
Concello de Trazo
3º PREMIO: Escolas Municipais Deportivas de Atletismo
2º PREMIO: Equipo categoría benxamín da Escola Municipal de Fútbol
1º PREMIO: Resmón Club de Fútbol
PROMESA: Manuel Vázquez Noya (fútbol)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: José Brea González(fútbol)