Máis de 200 persoas ateigaron o polivalente de Brión no II Concerto de Nadal dos alumnos da Escola Municipal de Música
O salón de actos do Centro Social Polivalente quedouse pequeno para albergar aos máis de 200 veciños e veciñas que asistiron ao II Concerto de Nadal organizado pola Escola Municipal de Música Magariños, que este ano celebra o seu décimo aniversario. Un recital que correu a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosaron as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro.
Cun ambiente cheo da cor e cos ritmos propios do Nadal, os alumnos da escola interpretaron un repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica diante dun público totalmente entregado. Unhas actuacións nas que participaron dende solistas ata formacións corais e instrumentais.
A próxima cita coa música en Brión terá lugar o 4 de xaneito, ás 17:30 horas, tamén no polivalente de Pedrouzos. O Dúo Rosas, da Asociación Cultural Brigantia, presentará o seu espectáculo “Rosas para Galicia”. A entrada é libre e de balde.











