Máis de 2.000 persoas participan na campaña coruñesa ‘PMUS, barrio a barrio’
A Concellaría de Tráfico e Mobilidade destaca o gran éxito da campaña PMUS, barrio a barrio, unha nova iniciativa de participación cidadá que levou a cada un dos barrios os obxectivos do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, á vez que permitiu aos coruñeses achegar ideas para itinerarios e situacións concretas pois coñecen mellor que ninguén o día a día da súa zona. En total, realizáronse máis de 2.000 entrevistas persoais.
Esta campaña supón un pasou máis na estratexia de divulgación e participación cidadá do PMUS, con estudos demoscópicos; enquisas a pé de rúa, en liña e telefónicas; dinámicas de grupo; páxina web e redes sociais; ou reunións con entidades, colectivos e axentes sociais. O balance realizado pola área que dirixe Begoña Freire é moi positivo, pois permitiu contar coa participación de máis de 2.000 persoas, que na maioría dos casos achegou tamén suxestións para mellorar a mobilidade da cidade.
Esta campaña permitiu dar resposta aos veciños a cuestións como para que, por que ou en que consiste un PMUS, unha nova canle para que os obxectivos do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable achéguense aos veciños. Así, os coruñeses trasladaron as súas inquietudes, ideas e propostas concretas e anónimas, relacionadas coa mobilidade do seu barrio e da cidade en xeral, respecto a todo tipo de temas, como itinerarios peonís ou ciclistas, xerando así unha tormenta de suxestións de gran valor para contrastar a definición de accións.
A campaña desenvolveuse entre o 6 e o 29 de novembro cunha caseta atendida por dúas encuestadores de forma permanente e que percorreu 20 puntos diferentes da cidade en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. PMUS, barrio a barrio chegou a puntos estratéxicos para que fose visible e accesible a todas as persoas, como as prazas de Vigo, de Lugo e de Azcárraga, a rúa Barcelona, Anxo Senra ou Santa Catalina
Con esta campaña, o Concello da Coruña recibiu achegas de todas as persoas, tanto por tipo de actividade (traballadores, amas de casa, xubilados e estudantes) como por franxa de idade. Neste sentido, no estudo, o perfil de idade de persoas que máis participaron sitúase entre os 35 e os 50 anos -o 32,1% dos enquisados-, mentres que case a metade do número total de entrevistados eran traballadores. Tamén destacou a participación de persoas con mobilidade reducida.