publicidade hoxe

Máis de 1.100 escolares participaron no Concurso de Cartel e Postal de Nadal do Concello de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O martes 3 de decembro, tivo lugar no Pazo de Cultura a reunión do xurado (na imaxe) que fallou o Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2013, convocado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo. Logo das oportunas deliberacións, resulta elexida como 1º Premio e gañadora da Postal de Nadal a presentada por Alberto Calleja Varela de 5 anos do CEIP Bergantiños, outorgándoselle un premio de 175 euros en libros, xoguetes educativos e diploma. Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence o gañador deste galardón, correspóndelle un premio por un valor de 150 euros en material didáctico e que este ano recae, por tanto no CEIP Bergantiños. O xurado estivo constituído por alumnado dos centros de ensino, representados, neste caso por Lucia Porteiro Viña e Roque Chao Rama, do CEIP Canosa-Rus e Joel García González e Diego De La Iglesia Cruz, alumnos do CEIP San Luis Romero. Tamén participou como xurado un representante dunha asociación cultural, Manuela Rodríguez Castro, da A. C. San Cristovo, un artista local que ten gran experiencia no mundo da arte plástica, Mon Lendoiro Esmorís e en nome do Concello de Carballo a Tenente de Alcalde e Concelleira de Planificación e desenvolmento urbano, Milagros Lantes. Como 2º Premio, e gañador do Cartel de Nadal, foi elixido o presentado por Mateo Lema Villar de 5 anos do CEIP Bergantiños outorgándoselle un premio de 100 euros en libros, xoguetes educativos e diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros, xoguetes educativos e diploma a:

-Xano Rama Mallo, de 5 anos, do CEIP A Cristina
-Sofía Pensado Canedo, de 5 anos, do CEIP A Cristina
-Antía Varela Rial, de 5 anos, do CEIP Bergantiños
-Ainara Cebral López, de 3 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
-Inés Fraga Pérez, de 10 anos, do Colexio Artai

Nesta edición participaron 1.184 nenos e nenas realizados entre 10 colexios de educación infantil e primaria de Carballo. O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.

4 de decembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.