publicidade hoxe

Lugo crea unha zona de xogos infantís en Paradai e traballa na instalación dun Circuito Biosaudable en Casas Vellas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, visitaron hoxe unha nova zona de xogos infantís que pon en servizo o Concello na zona de Paradai.

A nova zona de xogos entra en servizo aproveitando as vacacións escolares de Nadal e está situada nuns xardíns que, segundo anunciou o Alcalde, “van levar o nome do Doutor Miguel Angel González, un home moi querido e moi recordado, que loitou para conseguir que o HULA teña todos os servizos polos que aínda estamos loitando agora”.

O Concello investiu 36.100 euros na creación desta área de xogos que ocupa 230 metros cadrados nunha zona dotacional que é propiedade do Concello froito do Polígono número 1 de Paradai.

O parque de xogos dispón de dous columpios, un tobogán, un vaivén, un carrusel xiratorio e unha torre multidisciplinar.

Ademais, o espazo acondicionouse con pavimento amortiguador de seguridade recuberto por céspede artificial. Asimesmo instalou un valado de protección e seguridade e colocouse tamén un cartel indicativo de uso dos xogos.

Parque biosaudable

O Alcalde anunciou tamén outra iniciativa que está a desenvolver na zona o Concello.

Trátase das obras para a instalación dun Circuito Biosaudable na rúa Casas Vellas que atenderá unha demanda dos veciños das Gándaras que queren dispor destes elementos para a realización de exercizo físico acaído para as persoas maiores.

Este Circuito Biosaudable ocupará unha superficie duns 130 metros cadrados e estará dotado con sete elementos de xogo e solo de céspede artificial.

20 de decembro de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.