Lugo convértese na segunda sede da Liga Prata de Hockei Liña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co Presidente da Federación Española de Patinaxe, Ignacio Rodríguez e Manuel Romay do Clube organizador Cabuxos presentaron hoxe a celebración en Lugo da segunda sede da Liga Prata de Hockei Liña.

O Concello colabora neste evento deportivo que suporá a celebración durante este fin de semana no Pavillón Daniel Cordido Lugo das xornadas 4ª, 5ª e 6ª da terceira división nacional de Hockei Liña.

Un dos principais atractivos será a celebración do primeiro derbi en categoría nacional que van disputar o domingo o CHL Cabuxos-Lugo e o Lóstregos Lucus.

O Concelleiro de Deportes manifestou o seu desexo de que este evento “sirva para reafirmar este deporte que xa conta con moitos participantes na nosa cidade” e tamén animou ós lucenses a acudir ós distintos partidos programados o sábado e o domingo que disputarán equipos de Cataluña, Comunidad Valenciana, das Illas Baleares e de Galicia.

Pola súa parte, o Presidente da Federación Española de Patinaxe agradeceu o apoio prestado polo Concello. Tamén anunciou para o ano que vén as primeiras competicións autonómicas deste deporte.

 

20 de decembro de 2013 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.