Lorena López Cobas, “O Mencer” e “Pepe o xastre” son distinguidos como lalinenses do ano 2013
A distinción entregarase no decurso do concerto de Fin de Ano que se celebrará no Auditorio Municipal o sábado 28 de decemebro, a partir das 20.00 horas.
O alcalde de Lalín, José Crespo, presideu onte o xurado que fallou os premios lalinenses do ano 2013 que se entregarán no decurso do concerto de Fin de Ano que terá lugar no auditorio municipal, o vindeiro de 28 de decembro, a partir das 20:00 horas. Uns premios que recaeron en: Premio Individual a Lorena López Cobas; Premio Colectivo a Asociación de Voluntariado “O Mencer” e no apartado de Toda unha vida a José Fernández Bernardez “Pepe O xastre” de Vilatuxe.
O xurado estivo composto por: María Álvarez Paz, Concelleira de Cultura de Lalín; Chus García, da Asociación de Empresarios do Deza; Javier Ferreiro, do Centro Comercial Urbano; Florentino Cacheda López, Empresario; Julio Benigno López Rodríguez, Vicepresidente da Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e Comarca (APALC); José Quintá Iglesias, representante do Padroado Cultural; Daniel González Alén, Cronista de Lalín; Francisco Javier Benito Prieto, Delegado de La Voz de Galicia Lalín; Xan Salgueiro Suárez, Delegado de Faro de Vigo; Margarita Vilariño de NosTV; Amelia Ferreiroa Cuñarro, responsable Radio Voz Lalín; Gumersindo Portas López, Director de Radio Lalín; José Antonio González González, representante de Clube Deportivo Lalín; José Luis Pedreira, do Clube Balonmán Lalín;Antonio Rodríguez Trotiño, presidente da Escudería Lalín-Deza; José Luis Taboada Areán “Cheíto”, músico e Baldonedo Taboada, representante de Aspadeza.
Os tres galardoados foron elixidos por unanimidade do xurado que recoñeceu os valores personais, profesionais, solidarios e asociativos dos premiados.
No apartado indiviual, o xurado optou pola persoa de Lorena López Cobas, autora este ano do libro Historia da Música en Galicia que tivo unha ampla repercusión no eido musical e cultural. O xurado tamén recoñeceu a ampla valía no eido do estudo musical a o destacado papel que xoga no sector pese a súa xuventude, ao que se lle engade o valor engadido do libro presentado este ano en varios puntos de Galicia.
O colectivo de voluntariado “O Mencer” tamén se alzou ca unanimidade do xurado para recoñecer a ampla e destacada laboura social e solidaria que está a realizar en Lalín nun momento tan complicado e tan necesitado de iniciaitivas de este tipo.
Por último, no apartado de Toda unha vida, o xurado distinguiu a José Fernández Bernárdez “o Xastre de VILATUXE” polo traballo asociativo e de potenciación da música, en especial da Banda de Vilatuxe, ao longo de moitos anos.











