publicidade hoxe

“Laberinto de ilusións” en Laxe co mago Román García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLaxe
A-
A+

“Laberinto de IIusións” é un espectáculo de maxia que nos atrapará de principio a fin, asegura Román. Panos que cambian de cor, botellas que aparecen e desaparecen, vasos que levitan, aros que se enlazan e desenlazan, viaxes no tempo, billetes que se multiplican e aparecen en lugares imposibles e moitos outros milagres son os que se poderán ver no salón de actos municipal de Laxe este domingo día 8 a partires das 19 horas. Durante o espectáculo, a maxia estará acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participará permanentemente o público. Tras hora e cuarto de actuación familiar, ninguén quererá saír deste laberinto de ilusións.

Traxectoria do Mago Román. Román García (A Coruña, 1977) é un coñecido, premiado e innovador ilusionista galego. Dende moi xoven sentiuse atraído polo arte da maxia. Os seus comezos producíronse na Sociedade Coruñesa de Ilusionismo, onde aprendeu de grandes mestres como Lorc e Pablo, revelándolle os secretos da magia. Pronto a súa paixón se converteu en profesión e en 1996 obtuvo o Primeiro Premio Nacional de Maxia de preto en Vitoria. Dende entón, son habituais as súas intervencións televisivas en cadeas públicas e privadas (TVE1, TVE2, TVG, Antena 3, Cuatro, Localia…), así como en diversos programas radiofónicos. É membro da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo e da Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

As súas creacións máxicas foron presentadas e premiadas en numerosos congresos nacionais e internacionais de ilusionismo.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariales, Román une no seu espectáculo arte e ciencia, comedia e drama, imaxinación e realidade. Miles de espectadores, cautivados polo seu estilo fresco e desenfadado deste xoven ilusionista, xa disfrutaron do seu espectáculo en todo tipo de eventos públicos e privados.

4 de decembro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.